martes, 17 de mayo de 2016

Letras Galegas: Manuel María Fernández Teixeiro homenaxeado 2016




Poeta, dramaturgo e narrador, nacido o 6 de outubro de 1929 en San Xoán de Outeiro de Rei. Finou o 8 de setembro do 2004 en A Coruña. Iniciou a súa vida cultural e literaria no Lugo da posguerra, onde estudiou o bacharelato, participando nas tertulias do café "Méndez Núñez" con Pimentel, Fole, Piñeiro ou Ánxel Xohan. Con este último fundaría anos máis tarde, no 1952, a colección Xistral de Poesía.

Despois de estudiar Filosofía e Letras en Santiago, onde estableceu contactos coa Xeración Nós, galeguistas composteláns, así como co pintor Maside, quen máis influíu na súa formación (segundo palabras do propio Manuel María), obtén o título de Procurador de tribunais (1957), trasladándose a Monforte para desempeña-lo citado cargo.

Ver tamén: Manuel María

No hay comentarios:

Publicar un comentario